Paestum
From Wikipedia, the free encyclopedia
Paestum (antiga Poseidonia) é o nome romano clásico dunha importante cidade greco-romana situada no litoral do Mar Tirreno na Magna Grecia, na rexión italiana de Campania. Atópase ao sueste na provincia de Salerno, a 40 km ao sur da capital provincial e 92 de Nápoles. É un dos barrios do concello de Capaccio-Paestum.
Parque nacional de Cilento e Vallo de Diano coas zonas arqueolóxicas de Paestum e Velia, e mailo mosteiro de Padula | |
---|---|
Templo de Poseidón en Paestum | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Italia |
Localización | 40°25′20″N 15°0′19″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, IV |
Inscrición | 1998 (22ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 842 |
As ruínas de Paestum son famosas polos seus tres templos gregos de orde dórica, que datan do 600 ao 450 a.C., e que están nun moi bo estado de conservación. As murallas da cidade e o anfiteatro están en gran parte intactas e permanece a parte inferior das paredes de moitas outras estruturas, así como as estradas pavimentadas. O sitio está aberto ao público e hai un moderno museo nacional que contén tamén os descubrimentos do sitio grego asociado de Foce del Sele.
Trala súa fundación por colonos gregos baixo o nome de Poseidonia (grego antigo: οσειδωνία) foi finalmente conquistada polos Lucanos e posteriormente polos romanos. Os lucanos renomeárono como Paistos e os romanos deron á cidade o seu nome actual. Como "Pesto" ou Paestum, a cidade converteuse nun obispado (agora só sé titular), pero foi abandonada no inicio da Idade Media, e quedou inalterado e en gran parte esquecido ata o século XVIII.
Hoxe en día os restos da cidade atópanse na moderna frazione de Paestum, que forma parte da comune de Capaccio na Provincia de Salerno, Campania, Italia. O asentamento moderno, directamente ao sur do xacemento arqueolóxico, é unha popular localidade costeira, con longas praias de area.