unidade de lonxitude From Wikipedia, the free encyclopedia
Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros.
O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.
O vocábulo está constituído polo prefixo quilo (k), que en grego antigo significaba "mil", e metro, que significaba "medir".
É unha unidade de medida derivada das dimensións da terra e recoñecida polo sistema internacional de unidades que define o patrón de metro. Algúns países, como os Estados Unidos de América, aínda non o adoptaron, preferindo usar outras unidades, como a milla terrestre, que corresponde a 1,60934 km.
Como unidade derivada, úsase o km/h para medir a velocidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.