narcotraficante colombiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Pablo Emilio Escobar Gaviria, nado en Rionegro, Antioquia, o 1 de decembro de 1949 e finado en Medellín o 2 de decembro de 1993, foi un narcotraficante colombiano. Foi o máximo líder do Cartel de Medellín e do grupo coñecido como Los Extraditables, chegou a ser o home máis poderoso da mafia colombiana, e mailo criminal máis rico e perigoso da súa época en todo o mundo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pablo Emilio Escobar Gaviria 1 de decembro de 1949 Rionegro, Colombia |
Morte | 2 de decembro de 1993 (44 anos) Medellín, Colombia |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Medellín |
Membro da Cámara de Representantes de Colombia | |
20 de xullo de 1982 – 26 de outubro de 1983 (renuncia) Electo en: 1982 Colombian parliamentary election (en) | |
Director Cartel de Medellín (pt) | |
Datos persoais | |
Outros nomes | El Patrón El Mágico El Zar de la Cocaína El Duro El Baron El Diablo El Padrino El Tutur Don Pablo El Doctor |
Residencia | La Catedral (pt) (1991–1992) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | situación penal, político |
Partido político | Partido Liberal Colombiano |
Membro de | |
Outro | |
Cónxuxe | María Isabel Santos Caballero (1976–1993), morte |
Parella | María Isabel Santos Caballero (valor descoñecido–1976) |
Fillos | Sebastián Marroquín () María Isabel Santos Caballero Manuela Escobar () María Isabel Santos Caballero |
Irmáns | Roberto Escobar Luz María Escobar |
Condenado por | narcotráfico Racketeering (pt) Suborno |
As autoridades vincúlano ao asasinato de máis de 10.000 persoas; un dos seus principais gardacostas e lugartenentes, John Jairo Velásquez Vásquez, alias Popeye, relacionouno co asasinato de centos de persoas.[1] No medio da guerra encarnizada que realizou contra o Estado colombiano desde 1984, a súa organización foi responsable de numerosos actos de terrorismo, entre eles, a colocación de máis de 250 bombas e ducias de matanzas que deixaron un total de 1.142 civís mortos, sen contar os miles de vítimas colaterais froito do fogo cruzado coas autoridades en Antioquia e Medellín. Foi responsable do asasinato de 657 policías entre 1989 e 1993,[2] e dun feroz enfrontamento co Cartel de Cali, os paramilitares do Magdalena Medio e finalmente con Los Pepes.
Organizou e financiou unha extensa rede de sicarios e, cos seus actos terroristas mediante o emprego de coches bomba nas principais cidades, desestabilizou Colombia, converténdose no criminal máis buscado do mundo a comezos dos anos 1990.[3][4] Tras fuxir do cárcere en xullo de 1992, o goberno de Colombia destinou uns catro mil efectivos e unha cantidade inxente de recursos para conformar o denominado Bloque de busca e recapturalo. Tras dezasete meses, e co apoio incondicional de grupos da intelixencia estadounidenses, localizárono nun barrio de Medellín, morrendo nun tiroteo coas forzas da lei.
Co comercio de cocaína amasou a fortuna máis grande do seu país e unha das meirandes do mundo.[5] Alcuñado «El Patrón», a súa fortuna estimábase entre os 9.000 e 15.000 millóns de dólares, aínda que segundo varias investigacións e informes da prensa especializada, o tráfico de drogas reportoulle beneficios de 25.000 millóns de dólares.[6][7][8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.