País en desenvolvemento
From Wikipedia, the free encyclopedia
País en desenvolvemento ou país emerxente son termos que se usan xeralmente para describir un país ou estado-nación que ten un nivel de vida baixo ou medio, unha base industrial en desenvolvemento e un Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) que varía de medio a alto.
País en desenvolvemento | |
---|---|
Acrónimo | 途上国, 개도국 e PED |
Tipo | rexión xeográfica e localización xeográfica |
Organización relacionada | low-income country |
[ editar datos en Wikidata ] |
Clasificar os países é difícil, xa que non existe unha definición única de país desenvolvido recoñecida internacionalmente e os niveis de desenvolvemento económico e social poden variar moito dentro do grupo de países en desenvolvemento, tendo algúns destes países un nivel de vida alto.[1]
Algunhas organizacións internacionais, como o Banco Mundial, usan clasificacións estritamente numéricas. O Banco Mundial considera que todos os países de renda baixa e media son "en desenvolvemento". Na clasificación máis recente, as economías dividíronse utilizando o produto nacional bruto per cápita de 2008 . En 2008, os países cun PIB per cápita inferior 11.905 e superior a 900 USD foron clasificados como en desenvolvemento.[2] Outras institucións usan definicións menos específicas.
Os países con economías máis avanzadas que outras nacións en desenvolvemento, pero que aínda non mostraron signos completos de desenvolvemento, agrúpanse baixo o título de países recentemente industrializados.[3] [4] [5] [6]