![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Euskal_Herriko_herrialdeen_mapa.svg/langgl-640px-Euskal_Herriko_herrialdeen_mapa.svg.png&w=640&q=50)
País Vasco (rexión histórica)
nación con trazos culturais e históricos dividida administrativamente entre España e Francia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O País Vasco (en éuscaro: Euskal Herria, en galego literalmente: Pobo Vasco ou País do éuscaro[1]) é unha nación[2] con trazos culturais e históricos comúns ben definidos (entre eles a presenza da lingua vasca), pero que non representan unha unidade administrativa única.
Euskal Herria (eu) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.193.513 (2020) ![]() | ||||
Lingua usada | lingua éuscara lingua castelá lingua francesa Gascón ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 20.870 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Mesa dos Tres Reis (2.446 m) ![]() | ||||
PIB per cápita | 39.640 $ (2017) ![]() | ||||
![]() |
Comprende os territorios que corresponden aproximadamente á área lingüística vasca en tempos históricos. No presente, estes territorios están divididos entre os estados español e francés, gardando niveis de autonomía moi diferentes. A unión destes territorios é defendida por sectores nacionalistas e independentistas da sociedade, e a maioría deles empregan o termo Euskal Herria en oposición ao termo Euskadi, que, segundo eles, abrangue só os territorios da Comunidade Autónoma Vasca e que é un neoloxismo utilizado no ámbito oficial que ten a súa orixe en Sabino Arana.
Este territorio ocupa unha superficie de 20.664 km² no vértice occidental dos Pireneos, no Mar Cantábrico (Golfo de Biscaia). Ten a súa propia lingua, o éuscaro (minorizada fronte ao francés e o castelán), e unha poboación de preto de tres millóns de habitantes, habitando dous millóns e medio deles no estado español e o resto no francés. Intégrano sete provincias (en éuscaro: herrialdeak): Áraba, Biscaia, Guipúscoa (País Vasco), Navarra, que conforman o Hegoalde; e Baixa Navarra, Lapurdi e Zuberoa, que conforman o Iparralde.
A lingua vasca hogano é falada habitualmente nalgunhas rexións, sobre todo en Guipúscoa, no leste de Biscaia e no terzo norte de Navarra. Noutras, o éuscaro foi substituído polo castelán e/ou polo francés. Hogano, o éuscaro ten categoría de lingua oficial na Comunidade Autónoma Vasca e na zona vascófona navarra, mais non ten recoñecemento oficial na rexión so administración francesa.