actor británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Owain Sebastian Yeoman, nado o 2 de xullo de 1978 en Chepstow, é un actor galés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (cy) Owain Sebastian Yeoman 2 de xullo de 1978 (46 anos) Cas-gwent, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art - Actuación (–2003) Brasenose College, Oxford (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actor , actor de cinema , actor de televisión |
Período de actividade | 2004 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Gigi Yallouz (2013–) Lucy Davis (2006–2011) |
|
Owain é quen de falar inglés, francés e alemán. Estudou literatura inglesa na Universidade de Oxford, e logo estudou teatro na Royal Academy of Dramatic Art de Londres. Posteriormente traballou dirixindo e protagonizando a obra teatral Othello, no Oxford Playhouse, e tamén traballou noutras obras teatrais como Man, Beast & Virtue, ou The Wizard of Oz.[1]
Yeoman é principalmente coñecido por ter interpretado ao axente da CBI Wayne Rigsby na serie de televisión The Mentalist entre os anos 2008 e 2014.
O 9 de decembro de 2006 casou coa actriz inglesa Lucy Davis na Catedral de St Paul de Londres. Divorciáronse en outubro de 2011.
O 7 de setembro de 2013, Yeoman casou coa deseñadora de xoias Gigi Yallouz nunha propiedade privada en Malibú, California.[2][3] Teñen unha filla chamada Ever Belle.
Owain tamén é un vexetariano comprometido coa Asociación de Coidado de Animais, a PETA, para a que el posou para unha campaña de promoción do vexetarianismo.
Ano | Serie | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2004 | Commando Nanny | Miles Ross | |
Midsomer Murders | Henry Charlton | 1 episodio | |
2005-2006 | Kitchen Confidential | Steven Daedelus | 13 episodios |
2006-2007 | The Nine | Lucas Dalton | 13 episodios |
2008 | Terminator: The Sarah Connor Chronicles | Cromartie | 1 episodio |
Generation Kill | Sgt. Eric Kocher | 7 episodios | |
2008-2014 | The Mentalist | Axente Wayne Rigsby | Personaxe recorrente a partir de 2014 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.