Príncipe de Gales From Wikipedia, the free encyclopedia
Owain Glyndŵr (ˈoʊain ɡlɨ̞nˈduːr) ou Owain Glyn Dŵr, nado c. 1349 ou 1359 e finado c. 1415, foi un gobernante galés e o derradeiro nativo en ter o título de Príncipe de Gales (Tywysog Cymru). Instigou unha forte pero non exitosa revolta contra o dominio do Reino de Inglaterra sobre Gales.[1]
Nome orixinal | (cy) Owain ap Gruffydd |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1359 (Gregoriano) Castelo de Dolwyddelan, Reino Unido (pt) |
Morte | c. 1415 (55/56 anos) Principado de Gales, Reino Unido |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | militar, terratenente, administrador |
Carreira militar | |
Rango militar | soldado |
Outro | |
Título | Príncipe de Gales |
Familia | House of Mathrafal (en) |
Cónxuxe | Margaret Hanmer (1380 (Gregoriano)–) |
Fillos | Gwenllian ferch Owain Glyndŵr, Maredudd ab Owain Glyndŵr, Catarina Glendower, Alys ferch Owain Glyndŵr, Janet Glendower, Gruffudd ab Owain Glyndŵr, Ieuan ab Owain Glyndŵr |
Pais | Gruffudd Fychan II e Elen ferch Thomas ap Llywelyn ab Owain ap Maredudd |
Irmáns | Tudur ap Gruffudd Lowri ferch Gruffudd Fychan |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Glendower, Owen |
Glyndŵr era descendente dos Príncipes de Powys a través do seu pai Gruffudd Fychan II, herdeiro Tywysog de Powys Fadog e Señor de Glyndyfrdwy, e de Deheubarth a través da súa nai Elen ferch Tomas ap Llywelyn. O 16 de setembro de 1400, Glyndŵr instigou Revolta galesa contra o goberno de Henrique IV de Inglaterra. O alzamento foi exitoso ó comezo, e axiña gañou o control de grandes áreas de Gales, pero sufriu por mor da falta de artillaría, que facía que capturar fortificacións fose moi difícil, e de barcos, que facía a súa liña costeira vulnerable. A revolta foi subxugada debido ós recursos superiores dos ingleses. Glyndŵr foi illado no seu último reduto en 1409, pero evitou ser capturado. O último avistamento documentado del data do ano 1412. Rexeitou por dúas veces as ofertas de perdón do seu inimigo militar, o novo rei Henrique V de Inglaterra, e malia as grandes recompensas ofrecidas, Glyndŵr nunca foi traizoado. A súa morte foi gravado por un ex-seguidor seu no ano 1415.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.