From Wikipedia, the free encyclopedia
A ovella galega é unha raza de ovellas de orixe galega. Clasifícase dentro da rama de produtoras de la entrefina, cuxo antergo é o Ovis aries celtibericus. O número de exemplares desta raza en Galicia medrou notablemente nos últimos anos.[1] No ano 2012 o número total de exemplares era de 4.548 (3.862 femias e 686 machos) distribuídos en 110 explotacións gandeiras.[2]
Ovella galega | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Descrición da ovella galega. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Orixe da raza |
A área de distribución, que outrora abranguía practicamente toda Galicia, aparece dispersa en núcleos por toda a xeografía galega. A maior concentración da raza atópase en Ourense, metade sur de Lugo e o oeste de Pontevedra.
É un animal de pequeno tamaño, de perfil recto e proporcións medias. A súa capa é de cor branca uniforme ou negra. A forma dos cornos dos machos adoptan formas de espiral dobre, ben desenvolvidos. Nas femias, cando se presentan, son xeralmente rudimentarios.
Existen dous ecotipos diferentes, un denominado "Mariñano" ou das zonas baixas e outro de "Montaña". O primeiro ecotipo ten máis peso corporal (35-40 quilos as femias e 50-70 os machos) que o segundo (20-35 quilos as femias e 35-45 os carneiros).
O seu uso produtivo principal é na produción cárnica. A raza posúe unhas características únicas que a fan axeitada para a explotación en extensivo: rusticidade, gran resistencia a enfermidades, fertilidade. Ademais é unha gran produtora de leite e ten un excelente carácter maternal.
Os sistemas de explotación son extensivo ou semiextensivo. No ecotipo Mariñano atopamos rabaños por baixo dos 5 animais. Nas zonas altas, onde se explota a de Montaña, na provincia de Lugo o normal é que o rabaño teña teña entre 25 e 40 ovellas, e nas montañas de Ourense, os rabaños chegan ós 100 ou 200 exemplares.
Ano | Femias | Machos | Total | Ganderías |
---|---|---|---|---|
2009 | 2 776 | 450 | 3 226 | 80 |
2010 | 3 359 | 589 | 3 948 | 96 |
2011 | 3 603 | 643 | 4 246 | 102 |
2012 | 3 862 | 686 | 4 548 | 110 |
2013 | 4 036 | 738 | 4 774 | 108 |
2014 | 3 816 | 519 | 4 335 | 108 |
2015 | 3 671 | 684 | 4 355 | 91 |
2016 | 3 787 | 605 | 4 392 | 98 |
2017 | 3 691 | 628 | 4 319 | 99 |
2018 | 4 035 | 812 | 4 847 | 102 |
2019 | 4 511 | 1 160 | 5 671 | 104 |
2020 | 4 435 | 1 010 | 5 445 | 110 |
2021 | 4 228 | 1 179 | 5 407 | 108 |
2022 | 4 485 | 900 | 5 385 | 95 |
Gráfica de evolución demográfica da ovella galega entre 2009 e 2022 |
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[3] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.