Out of Step
From Wikipedia, the free encyclopedia
Out of Step é un álbum da banda estadounidense de hardcore punk Minor Threat, editado en abril de 1983 a través do selo Dischord Records. Aínda que Out of Step nunca foi publicado oficialmente en CD, todos os temas do disco están dispoñibles no seu recompilatorio de 1989 Complete Discography.
Out of Step | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Minor Threat | ||||
Publicado | abril de 1983 | |||
Gravación | xaneiro de 1983 | |||
Estudio(s) | Inner Ear Studios, Washington, D.C. | |||
Duración | 21:36 | |||
Xénero(s) | hardcore punk | |||
Selo(s) | Dischord Records | |||
Producido por | Minor Threat | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Mentres que as letras dos seus EPs anteriores eran unha saída para a "mensaxe" de Ian, as de Out of Step falan principalmente da amizade (ou de problemas asociada con ela). A versión orixinal en vinilo do disco é lixeiramente distinta á do recompilatorio Complete Discography; destaca sobre todo a guitarra na ponte e o berro de Ian no final de "Out of Step" que foron quitados no recompilatorio en CD.
O álbum aparece mencionado no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die. Pitchfork Media colocouna no posto 100 dos seus 100 mellores álbums dos anos 80[1].