![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/28/Taller_orfebrer%25C3%25ADa_Museo_artes_y_costumbres_populares_Sevilla.jpg/640px-Taller_orfebrer%25C3%25ADa_Museo_artes_y_costumbres_populares_Sevilla.jpg&w=640&q=50)
Ourivaría
traballo artístico realizado sobre utensilios ou adornos de metais preciosos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ourivaría ou ourivería é o traballo artístico realizado sobre utensilios ou adornos de metais preciosos, ou aliaxes deles para facer xoias, obxectos de adorno ou de culto.[1] Procede do latín auri ‘ouro’ e faber ‘fabricador’. Os metais que constitúen os obxectos de ourivaría propiamente ditos son eminentemente a prata e o ouro ou unha mestura de ambos que na antigüidade adoitava chamarse Electró.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/28/Taller_orfebrer%C3%ADa_Museo_artes_y_costumbres_populares_Sevilla.jpg/640px-Taller_orfebrer%C3%ADa_Museo_artes_y_costumbres_populares_Sevilla.jpg)