herba perenne From Wikipedia, the free encyclopedia
O ourego[1] ( pronunciación (axuda · info)) (Origanum vulgare) é unha planta labiada orixinaria de Europa, rexión mediterránea e Asia central e do sur. É unha herba perenne que chega a medir de 20 a 80 cm de alto, con follas opostas que miden 2 a 4 cm. de longo. As flores son brancas ou purpúreas, nacen en inflorescencias terminais moi ramificadas, están protexidas por folliñas moi pequenas de cor vermella e miden 3–4 mm. O seu nome deriva do grego origanon (ὀρίγανον), de oros (ὄρος), "montaña” + o verbo ganousthai (γανοῦσθαι) "deleitarse con".
Ourego | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Origanum vulgare' L. 1753 |
A planta posúe unhas glándulas pequenas que conteñen a esencia aromática, de cor amarela limón composta por un estearopteno e dous tipos de fenois, un deles o carvacrol. As raíces conteñen estaquiosa e os talos substancias tánicas. O ourego e unha herba moi importante na cociña, particularmente na zona mediterránea. A parte usada na cociña son as follas, sendo as secas máis aromáticas cas verdes.
O ourego destaca polas súas propiedades medicinais, sendo as máis importantes a súa actividade antioxidante, antimicrobiana e, en estudos bastante primarios, antitumoral, tamén é considerada tónica e dixestiva
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.