From Wikipedia, the free encyclopedia
Otello, ossia il moro di Venezia (en galego Otello, ou o mouro de Venecia é unha ópera en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Francesco Maria Berio di Salsa, baseado nunha adaptación francesa do Otelo de Shakespeare realizada por Jean-François Ducis[1]. Foi estreada no Teatro del Fondo de Nápoles o 4 de decembro de 1816.
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Francesco Berio, marqués de Salsa |
Fontes literarias | Otello do barón Carlo Cosenza, adaptación de Othello, or the Moor of Venice, Shakespeare |
Estrea | 4 de decembro de 1816 |
Teatro da estrea | Teatro del Fondo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Duración | 3 horas 30 minutos |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Fondazione Rossini, Pésaro |
Personaxes | |
Otello (tenor) |
É a única obra rossiniana baseada nun drama de Shakespeare. A ópera adáptase bastante á obra orixinal, ten lugar en Venecia e non en Chipre, e o drama desenvólvese doutro xeito. O papel de Jago é nalgún sentido menos importante e diabólico que na obra orixinal e que na versión de Verdi, estreada en 1887. O Otello de Rossini é un fito importante no desenvolvemento da ópera como drama musical, ademais proporcionou a Verdi un punto de referencia para as súas propias adaptacións de Shakespeare.
Otello, como moitas outras óperas de Rossini, foi caendo pouco a pouco no esquecemento e chegando no século XX a ser a súa presenza practicamente nula. Como noutros casos houbo que agardar ao renacemento de Rossini para que a obra volvese coller voo. É curioso que o propio Rossini afirmaba que, da súa extensa produción operística, tan só sobrevivirían no tempo Il barbiere di Siviglia completo, o acto II de Guillaume Tell e o acto III de Otello.
Esta ópera represéntase pouco, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto nº 222 das óperas representadas no período 2005-2010 e sendo a 65ª en Italia e a novena de Rossini con 12 representacións nese período[2].
A estrea do Otello de Rossini tivo lugar no Teatro del Fondo de Nápoles o 4 de decembro de 1816. A súa estrea no Reino Unido foi o 16 de maio de 1822 no King's Theatre de Londres, e a premier americana tivo lugar o 7 de febreiro de 1826 en Park Theatre en Nova York.[3]
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 4 de decembro de 1816 (Director: - ) |
---|---|---|
Otello | tenor | Andrea Nozzari |
Desdemona | mezzosoprano | Isabella Colbran |
Rodrigo | tenor | Giovanni David |
Jago | tenor | Giuseppe Ciccimarra |
Emilia | mezzosoprano | Maria Manzi |
Elmiro | baixo | Michele Benedetti |
O dogo de Venecia | tenor | Gaetano Chizzola |
Lucio | tenor | Nicola Mollo |
Un gondoleiro | tenor | Nicola Mollo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.