Oswald de Bernicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Oswald, nado c. 604 e finado o 5 de agosto de 642, foi un rei cristián de Northumbria no século VII, cando o territorio de Inglaterra estaba dividido en pequenos reinos rexidos por liñaxes de orixe xermánica[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 604 (Gregoriano) Reino de Deira |
Morte | 5 de agosto de 642 (37/38 anos) Oswestry, Reino Unido (pt) |
Causa da morte | Batalla de Maserfield |
Lugar de sepultura | Catedral de Durham |
Rei de Northumbria | |
634 – 5 de agosto de 642 | |
Rei de Bernicia | |
634 – 5 de agosto de 642 ← Eanfrith de Bernicia – Oswiu de Northumbria → | |
Rei de Deira | |
634 – 5 de agosto de 642 ← Osric de Deira – Oswine de Deira → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Reino de Northumbria |
Ocupación | monarca |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 5 de agosto |
Patrón de | Reino de Northumbria |
Familia | |
Cónxuxe | unnamed daughter of Cynegils of Wessex |
Fillos | Aethelwald de Deira |
Pais | Æthelfrith de Northumbria e Acha |
Irmáns | Ebe de Coldingham Eanfrith de Bernicia Oswiu de Northumbria |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) The Nuttall Encyclopædia >>>:Oswald, St. Encyclopædia Britannica |
Sobriño materno do tamén rei northumbrio Edwin, en 633 reunificou o reino de Northumbria, un ano despois de morrer o seu tío, e chegou a ser o monarca máis poderoso do seu tempo; o monxe Beda o Venerable incluíuno na súa lista de Reis Supremos da antiga Inglaterra, como práctico sucesor de Edwin.
Morreu na batalla de Maserfield contra o rei pagán Penda, o mesmo inimigo que eliminara a santo Edwin dez anos atrás. Como este, Oswald é tamén venerado como santo e como mártir, aínda que o seu culto, extraordinariamente popular, afogou ao do seu predecesor[2].
Sucedeuno no trono o seu irmán Oswiu.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.