![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bd/Osmos_Alvedro_Culleredo.jpg/640px-Osmos_Alvedro_Culleredo.jpg&w=640&q=50)
Osmos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Osmos é unha empresa galega do sector das instalacións eléctricas con sede en Culleredo.[2]
Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Osmos Sistemas Eléctricos | |
---|---|
![]() Sede de Osmos en Alvedro. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 2001 |
Localización | Parque empresarial de Alvedro Rúa J-27 15180 Culleredo, A Coruña ![]() |
Persoas clave | Antonio Comba (Director) |
Industria | Instalacións eléctricas |
Beneficio | 37.610.069 € (en 2016)[1] |
Número de empregados | 160 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
As orixes da empresa están nun grupo de traballadores de Técnica 4 que traballaban para Inditex facendo instalacións eléctricas nas tendas e que deciden deixar a empresa para crear Osmos. Nas súas orixes a empresa tiña a sede no Polígono industrial de Bergondo. A empresa ampliou os servizos e traballa para outros clientes e ademais de Inditex.
Moi ligada á empresa está Arce Clima coa que comparte instalacións e organización.
Ten certificacións ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001 por Bureau Veritas.