Osman I
From Wikipedia, the free encyclopedia
Osman I (en turco: Sultan Osman Gazi; Osman é unha deformación do árabe: عُثمَان `uθmān, `Uthman; en turco: gazi, "triunfador, combatente da fe"), nado nun lugar descoñecido[1] e finado en Bursa en 1323 ou 1324,[2] foi o líder dos osmanlís ou otománs, a dinastía que estableceu e gobernou o Imperio Otomán. Era fillo de Ertuğrul e sucedeuno en 1281. Osman aproveitou a debilidade dos imperios selxúcida e bizantino para establecer e fortalecer o seu emirato.
Nome orixinal | (ota) عُثمان غازى |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1258 Söğüt (pt) |
Morte | 21 de agosto de 1326 (67/68 anos) Söğüt (pt) |
Lugar de sepultura | Bursa |
1º Sultán do Imperio Otomán | |
27 de setembro de 1299 – 21 de agosto de 1324 – Orhan I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | Bey |
Lingua | Old Anatolian Turkish (en) e árabe |
Familia | |
Familia | Dinastia Otomana (pt) |
Cónxuxe | Rabia Bala Hatun Mal hatun |
Fillos | Orhan I () Mal hatun (en) Alaeddin Pasha (en) () Rabia Bala Hatun (pt) Fatma Hatun (en) |
Pais | Ertuğrul e Halime Hatun (pt) |
Debido á escaseza de fontes históricas contemporáneas á súa vida, existe pouca información real sobre el. Non se conserva escrito ningún do seu reinado.[3] Os otománs non rexistraron a historia da vida de Osman ata o século XV, máis de cen anos despois da súa morte.[4] A causa disto, é complexo para os historiadores diferenciar entre realidade e mito na maioría das historias que se contan del.[5] Algún historiador mesmo chegou a declarar a tarefa imposible, describindo o período da vida de Osman como un "buraco negro".[6]