![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dd/Dartagnan-musketeers.jpg/640px-Dartagnan-musketeers.jpg&w=640&q=50)
Os tres mosqueteiros
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tres mosqueteiros (en francés Les Trois Mousquetaires) é unha novela de Alexandre Dumas, escrita en francés no ano 1844 e publicada orixinalmente en forma de serie na revista Le Siècle entre marzo e xullo dese ano; uns meses despois, editouno nun volume a editorial Baudry e reeditouno en 1846 J. B. Fellens e L. P. Dufour con ilustracións de Vivant Beaucé. Foi a primeira parte dunha triloxía coñecida como «dos mosqueteiros», que abrangue tamén Vingt ans après (1845) e Le Vicomte de Bragelonne (1847). Na orixe da novela está Les Mémoires de d’Artagnan (1700) de Gatien de Courtilz de Sandras que narra ficcionalmente a historia dun personaxe real, Charles de Batz-Castelmore, conde d'Artagnan. En galego apareceu por vez primeira no ano 2000 na Colección Xabarín de Xerais, nunha tradución de Darío Xohán Cabana en dous volumes[1] e despois, en 2017, en Baía Edicións, en tradución de María Reimóndez.[2]
Os tres mosqueteiros | |
---|---|
![]() D'Artagnan e os tres mosqueteiros nunha ilustración de Maurice Leloir para a edición da obra da editorial Calmann Lévy en 1894. Os seus retratos dos personaxes convertéronse nos canónicos | |
Autor/a | Alexandre Dumas |
Orixe | Francia |
Lingua | lingua francesa |
Xénero(s) | novela por entregas e ficción de aventuras |
Data de pub. | 1844 e 1845 |
[ editar datos en Wikidata ] |