Os sete magníficos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os sete magníficos (en inglés: The Magnificent Seven) é un filme estadounidense dirixido por John Sturges que se estreou en 1960. É un remake de estilo western baseado no filme de 1954 Os sete samurais, dirixido por Akira Kurosawa. Está protagonizado por Yul Brynner, Steve McQueen, Charles Bronson, James Coburn, Robert Vaughn, Brad Dexter e Horst Buchholz que interpretan a un grupo de pistoleiros contratados para protexer unha pequena vila agrícola de México duns bandidos liderados Calvera (Eli Wallach). A banda sonora foi composta por Elmer Bernstein.
Datos rápidos Os sete magníficos, Ficha técnica ...
Os sete magníficos | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Magnificent Seven |
Director | John Sturges |
Produtor | John Sturges |
Guión | William Roberts Sen acreditar: Akira Kurosawa Shinobu Hashimoto Hideo Oguni Walter Newman Walter Bernstein |
Intérpretes | Yul Brynner Eli Wallach Steve McQueen Horst Buchholz Charles Bronson Robert Vaughn James Coburn Brad Dexter |
Música | Elmer Bernstein |
Fotografía | Charles Lang |
Montaxe | Ferris Webster |
Estudio | The Mirisch Company |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 23 de outubro de 1960 11 de xaneiro de 2009 (TVG) |
Duración | 128 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Western |
Orzamento | $2.000.000[1] |
Na rede | |
Pechar
Estreouse en galego na TVG o 11 de xaneiro de 2009.[2]