filme de 1946 dirixido por Robert Siodmak From Wikipedia, the free encyclopedia
Os asasinos (en inglés: The Killers) é un filme estadounidense de 1946 dirixido por Robert Siodmak. Baséase en parte na historia curta "The Killers" de Ernest Hemingway.[2] Está protagonizado por Burt Lancaster no seu primeiro filme, Ava Gardner, Edmond O'Brien e Sam Levene. No filme tamén aparece William Conrad, na súa primeira aparición cun papel acreditado, como un dos asasinos.[3] John Huston e Richard Brooks escribiron xuntos o guión pero non aparecen acreditados. No seu canto aparece Anthony Veiller.
Os asasinos | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Killers |
Director | Robert Siodmak |
Produtor | Mark Hellinger |
Guión | Richard Brooks Anthony Veiller John Huston |
Baseado en | "The Killers" de Ernest Hemingway |
Intérpretes | Burt Lancaster Ava Gardner Edmond O'Brien Sam Levene |
Fotografía | Woody Bredell |
Montaxe | Arthur Hilton |
Estudio | Mark Hellinger Productions |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 28 de agosto de 1946 2 de febreiro de 1990 (TVG) |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Recadación | $2 500 000 (USA)[1] |
Na rede | |
En 2008, Os asasinos foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."
Estreouse en galego o 2 de febreiro de 1990 a través da TVG.[4]
Dous asasinos a soldo chegan a unha pequena poboación e matan o empregado dunha gasolineira: Ole Andreson "o Sueco" (Burt Lancaster), que os estaba agardando. O detective Reardon (Edmond O'Brien) investiga o caso para a compañía de seguros na que traballa, a pesar de que o seu xefe lle di que non o faga, por tratarse dun asunto de pouca importancia económica.[5] Reardon comeza a atar cabos e descobre que a vida do "Sueco" estivo chea de enganos e de crimes, e que en todo iso tiña algo que ver a misteriosa Kitty Collins (Ava Gardner).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.