serie de debuxos animados From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Picapedra (en inglés: The Flintstones), foi unha serie animada de Hanna-Barbera. Trátase dunha das series máis exitosas de tódolos tempos nos Estados Unidos. Estreouse o 30 de setembro de 1960 e estivo en antena en horario de máxima audiencia ata 1966, emitida pola canle de televisión norteamericana ABC. En Galicia a serie puido ser vista primeiro coa dobraxe hispanoamericana en TVE; e posteriormente, xa nos anos 90, na TVG coa dobraxe galega.
Creado por |
|
---|---|
Escrito por |
|
Dirixido por |
|
Tema de apertura | "Rise and Shine" (instrumental) (dúas primeiras tempadas e os dous primeiros episodios da 3ª tempada) "Meet the Flintstones" (o resto das tempadas) |
Tema de peche | "Rise and Shine" (instrumental) (dúas primeiras tempadas e os dous primeiros episodios da 3º tempada) "Meet the Flintstones" (resto das tempadas) "Open Up Your Heart (e Let the Sunshine In)" (algúns episodios da 6ª tempada) |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 6 |
Episodios | 166 |
Produtor(es) | Hanna-Barbera Productions |
Duración | 25 minutos |
Distribuidor | Screen Gems (1960–1967) Columbia Pictures Television (1974–1987)[1] |
Canle de orixe | ABC |
Formato de son | Monaural |
Primeiro episodio | 30 de setembro de 1960 |
Derradeiro episodio | 1 de abril de 1966 |
Seguido por | The Pebbles and Bamm-Bamm Show |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A historia tiña lugar nunha vila chamada Pedradura, na Idade de Pedra pero cunha sociedade moi semellante á estadounidense a mediados do século pasado.
Estaba ambientada nun mundo de fantasía onde os dinosauros, mamuts e outros animais xa extinguidos convivían cos humanos, que empregaban tecnoloxía semellante á do século XX pero con animais que realizaban as súas funcións. As personaxes conducían automóbiles feitos de rochas e peles de animais.
As principais personaxes da serie eran os Picapedra, parella formada por Pedro e Vilma, e os Mármore, matrimonio formado por Paulo e Betty. Na etapa final da serie incorporáronse os seus fillos: Pebbles Picapedra e Bam-bam Mármore.
Orixinalmente, a serie estaba dirixida a un público adulto, o que se apreciaba por estar patrocinada pola marca de tabaco Winston. Nalgúns dos seus anuncios aparecían as personaxes da serie. Os Picapedra mantivo o seu récord como a serie animada máis longa ata 1997, ano no que dito récord pasou a ser doutra serie, The Simpsons.
Fixéronse dúas adaptacións ao cinema con actores reais, en 1994 e 2000.
Personaxe | Voz en galego | Voz orixinal |
---|---|---|
Pedro Picapedra | Antón Cancelas | Alan Reed / Henry Corden |
Wilma Picapedra | Lucía Cid / Sonia Castelo | Jean Vander Pyl |
Pebbles Picapedra | Jean Vander Pyl | |
Dino | Mel Blanc | |
Paulo Mármore | Víctor Bouzas / Carlos Jiménez Díaz | Mel Blanc / Daws Butler |
Betty Mármore | An Alfaya / Patricia de Lorenzo | Bea Benaderet / Gerry Johnson |
Bamm-Bamm Mármore | Marián Priego / Chelo Díaz | Don Messick |
Brinco | Don Messick | |
Arnoldo | Don Messick | |
Sr. Lousa | John Stephenson | |
Sra. Lousa | Jean Vander Pyl / Bea Benaderet | |
The Great Gazoo | Harvey Korman |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.