![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/Urtica_dioica_%2528Bl%25C3%25BCten%2529.jpg/640px-Urtica_dioica_%2528Bl%25C3%25BCten%2529.jpg&w=640&q=50)
Ortiga
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ortiga[1], estruga[2] ou herba do cego[3][4] (Urtica sp.) é o nome común de varias plantas herbáceas da familia das urticáceas, de talo ergueito e flores verdosas en espiga. Caracterízase polos pelos que cobren as súas follas e que liberan unha substancia que produce proído e inflamación en contacto coa pel. Considérase herba ruín, con todo, é unha das plantas que máis aplicacións medicinais posúen.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ortiga (homónimos).
Máis información Ortigas(xénero Urtica), Clasificación científica ...
Ortigas (xénero Urtica) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Estruga maior (Urtica dioica) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase texto. |
Pechar
Medran en solos ricos, nas proximidades de bosques de arbustos. É moi resistente e pode soportar condicións extremas. Varias especies, especialmente tres, son comúns en Galiza:
- A estruga maior (Urtica dioica), a máis común. Acada entre 50 e 150 centímetros. A característica máis coñecida desta planta é a presenza de pelos urticantes cuxo líquido cáustico (acetilcolina) produce unha irritación con proído intenso na pel ao tocala. Ten o talo de sección en forma de cadrado, follas con forma de óvalo, co bordo serrado, as súas flores son miúdas unisexuais, inconspicuas e agrupadas en glomérulos.
- A estruga menor (Urtica urens), anual, adoita medrar á beira da estruga maior, ten uns 60 centímetros e produce maior irritación que a anterior, mais posúe menos virtudes terapéuticas.
- A estruga membranosa (Urtica membranacea) tamén anual e da mesma altura.