práctica xudicial antiga que implicaba unha proba física para determinar a culpabilidade From Wikipedia, the free encyclopedia
A ordalía[1] é unha práctica xudicial na cal a culpabilidade ou inocencia do acusado se determina expoñéndoo a unha proba dolorosa.
En Europa este modo de xuízo formalizouse despois da caída do Imperio Romano e foi apoiado pola Igrexa católica ata o IV Concilio de Letrán (1215), supuña a intervención directa da divindade por medio principalmente da lide ou batalla xudicial, que podía ser a cabalo ou a pé segundo o rango dos participantes, considerábase culpable ao que saía do campo, ao que morría ou ao que se declaraba culpable o que daba lugar á imposición da pena correspondente ao delito. Outras ordalías era a das candeas, na que a culpabilidade estaba determinada pola candea que se consumira primeiro; a da auga quente, neste caso o acusado tiña que extraer uns croios ou pedras dun recipiente con auga fervendo, a súa culpabilidade determinábase uns días despois segundo o estado das súas queimaduras; o da auga fría, para ser declarado inocente era preciso afogar na auga; a do ferro quente estaba tamén moi esparexida sobre todo entre as mulleres, consistía en coller un ferro quente nas palmas das mans e depositalo uns pasos máis aló, aos tres días un xuíz tiña que examinar a man, de estar queimada era declarado culpable.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.