![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/Oraquick.jpg/640px-Oraquick.jpg&w=640&q=50)
OraQuick
From Wikipedia, the free encyclopedia
OraQuick é un test desenvolvido pola empresa Orasure que se emprega para detectar a presenza do virus de inmunodeficiencia humana, axente causante da SIDA. Para realizar a proba tómase unha mostra de fluído oral mediante un bastonciño e mestúrase cun reactivo, obtendo o resultado en 20 minutos. Este test serve para detectar o virus VIH dos tipos 1 e 2, é o primeiro que foi autorizado pola Axencia Estadounidense do Medicamento (FDA) para o seu emprego a nivel doméstico. En caso de resultado positivo, é necesario acudir a un médico, para que confirme o caso coa realización nun laboratorio de análises clínicas doutra proba confirmatoria cunha mostra de sangue (ELISA ou Western blot). No caso de que o resultado sexa negativo, a seguridade non é total pois nalgunhas ocasións pode existir un falso negativo. Nos estudos realizados pola empresa fabricante, a sensibilidade da proba foi do 97.9% e a especificidade do 99.79%.[1][2][3][4]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/Oraquick.jpg/640px-Oraquick.jpg)
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |