Opilións
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos opilións[1] (Opiliones), antes chamados falánxidos (Phalangida), é unha orde de arácnidos.
Opilións Rango fósil: 400 Ma-0 Ma (inicio do Devoniano–actualidade) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Opilión da especie Hadrobunus grandis que mostra a súa estrutura corporal e longas patas. A posesión dun só par de ollos e un cefalotórax unitario diferencia os opilións doutros membros da clase dos arácnidos. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subordes | |||||||||||
|
En 2011 coñecíanse 6 500 especies de opilións en todo o mundo,[2] aínda que se estima que o número total de especies existentes podería exceder das 10 000.[3]
A orde inclúe cinco subordes: Cyphophthalmi, Eupnoi, Dyspnoi, Laniatores e o denominado recentemente Tetrophthalmi.[4] Coa excepción dos Dyspnoi (que están restrinxidos a Norteamérica e Eurasia), poden encontrarse representantes de cada suborde en todos os continentes agás na Antártida.
Encontráronse fósiles ben conservados no chert de Rhynie de Escocia de 400 millóns de anos de antigüidade, e en rochas de Francia de 305 millóns de anos, os cales teñen un aspecto sorprendentemente moderno, o que indica que o seu plan corporal básico apareceu moi temperanmente,[5] e, polo menos nalgúns taxons, cambiou pouco desde aquela.
A súa posición filoxenética dentro dos arácnidos é discutida: os seus parentes máis próximos poderían ser os ácaros ou os Novogenuata (grupo formado polos escorpións, pseudoescorpións e solífugos).[6]
Aínda que son superficialmente similares ás arañas (orde dos Araneae) e a miúdo son confundidas con elas, os opilións son unha orde diferente que non está estreitamente relacionada coas arañas. Poden ser doadamente distinguidos das arañas de patas longas por teren as súas rexións corporais fusionadas e un só par de ollos no medio do cefalotórax. As arañas teñen un abdome diferente, separado do cefalotórax por unha constrición, e teñen tres ou catro pares de ollos, xeralmente nas marxes do cefalotórax.