Oleoduto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un oleoduto é un tipo de transporte por canalización[1][2] que consiste nun sistema de estruturas e tubaxes usadas para o transporte de petróleo e os seus derivados a grandes distancias. Cando se trata do transporte de gas natural, tamén derivado do petróleo, as tubaxes denomínanse gasodutos. As pioneiras no transporte de combustibles por medio de oleodutos foron as compañías de Vladímir Shújov e Branobel a finais do século XIX.
Os líquidos e os gases transpórtanse en canalizacións, e calquera substancia químicamente estable pódese enviar a través dunha canalización[3]. O petróleo é movido a través dos oleodutos mediante estacións de bombeo ao longo do oleoduto.