Often
From Wikipedia, the free encyclopedia
Often foi unha marca de roupa e complementos de Inditex, inicialmente organizada dende Pull & Bear, chegando a ter 54 tendas. A cadea pechou vendendo os seus establecementos a Friday´s Project de Julián Imaz, un dos provedores de Inditex, e integrando na marca Pull and Bear o resto.
Often foi un dos tres proxectos fracasados de Inditex no negocio da moda. Os outros dous foron Brezos e X-DYE. Brezos estaba especializada en roupa cara de muller. Chegou a ter cinco tendas antes de ser absorbida por Bershka. X-DYE, roupa vaquera, pechou con dúas tendas.[1]