From Wikipedia, the free encyclopedia
Odín (Óðinn en antigo nórdico) é o deus soberano na mitoloxía nórdica e no paganismo nórdico, como o anglosaxón Woden, continuación do protoxermánico *Wōdinaz.
O seu nome está relacionado con óðr, que significa "excitación", "furia" ou "poesía". O seu papel, como moitos dos deuses do panteón nórdico, é complexo, estando vinculado á sabedoría, a morte e a guerra, así como tamén á maxia, a poesía, as profecías, a vitoria ou á caza.
Odín aparece representado como un vello dun só ollo, deixando o outro como tributo na fonte sagrada que lle deu a sabedoría como atributos porta unha lanza, un anel de ouro e un cabalo de oito patas e dous lobos que o protexen, as novas transmítenllas os corvos. Como deus dos aforcados pode aparecer coa lingua fóra. Como deus da guerra é un deus sádico e como deus da morte manda queimar os mortos coas súas posesións para que as atopen outra volta en Valhalla.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.