O polbo común[1] (Octopus vulgaris, Cuvier 1797) é un molusco cefalópodo octópodo, da familia Octopodidae, de grande importancia pesqueira e moi apreciado na gastronomía.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Polbo común
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Orde: Octopoda
Familia: Octopodidae
Xénero: 'Octopus'
Subxénero: 'Octopus'
Especie: O. vulgaris
Nome binomial
'Octopus vulgaris'
Cuvier, 1797
Sinonimia
  • Octopus octopodia
    Tryon, 1879
  • Octopus vulgaris
    Lamarck, 1798
  • Octopus rugosus
    Bosc, 1792
Pechar

Morfoloxía

Thumb
Polbo común (Octopus vulgaris), no Aquarium Finisterrae

De corpo globoso, superficie rugosa e sen aletas, provisto de oito tentáculos (ou raxos) dotados na cara interna de dúas filas de ventosas cada un, situados ó redor da boca e unidos entre si por unha membrana na base. Os tentáculos frontais (o primeiro par) son máis curtos que os laterais. O terceiro brazo dereito é o brazo hectocotilo, con funcións copuladoras, e ten un ensanchamento no extremo pouco destacado, a modo de culler. Alcanza tamaños de ata 160 cm, incluíndo os tentáculos, que veñen sendo 2-3 veces máis longos que a cabeza, e pesos de ata 14 kg.

A cabeza é grande, ovalada ou arredondada. A boca está provista dun forte pico córneo. Os ollos, moi desenvolvidos. O sifón, na parte traseira do corpo, ten forma de W.

A cor é moi variable, dependendo do estado do animal e da cor e características da contorna na que se agocha, para permitir unha camuflaxe co medio. Normalmente é de cor marrón agrisado, máis ou menos escuro, con manchas irregularmente dispostas de cor verde ou amarela. Poden cambiar voluntariamente a cor da pel e mesmo a textura, imitando as rochas.

Hábitat e bioloxía

Polbo común en mar aberto e logo escondéndose nunha greta

Vive en áreas litorais, sempre cerca da costa, sobre fondos rochosos, agochado durante o día en grutas ou entre rochas. É activo de noite e de hábitos carnívoros (crustáceos, moluscos e peixes pequenos).

Interese pesqueiro e económico

Thumb
Polbo á feira

Péscase con diferentes artes de pesca durante todo o ano, especialmente cunha nasa específica para o polbo. Tradicionalmente se pescaba tamén ao espello dende embarcación, á seca ou con raña. Os caladoiros de Marrocos e as Canarias son especialmente abundantes.

O 8 de outubro celébrase o Día Mundial do Polbo [2].

En Galicia

En Galicia, a forma típica de cociñalo é á feira, con aceite de oliva, sal e pemento, pero tamén se consome cociñado doutras formas (con cachelos, en empanada, en caldeirada, encebolado etc.). Constitúe un prato típico de moitas romarías e festas patronais.

Ríos Panisse atopou o castelanismo pulpo con tanta extensión como a forma propia polbo[3], e Rosa Ramonel matiza que se lle dá o nome de polbo cando está vivo e de pulpo unha vez pescado e, sobre todo, cociñado.

Pode distinguirse do polbo cabezudo mediante a adxectivación polbo da pedra, polbo da costa, polbo da praia, mentres que aquel sería o polbo de altura ou polbo do limpo.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.