![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/da/Octans_constellation_map.svg/langgl-640px-Octans_constellation_map.svg.png&w=640&q=50)
Octans
From Wikipedia, the free encyclopedia
Octans ou Octante[1] é unha constelación discreta presentada por Nicolas Louis de Lacaille. É, fundamentalmente, coñecida por se-lo lugar onde fica o polo sur celeste.
Octans | |
---|---|
![]() | |
Nome latino | Octante |
Abreviatura | Oct |
Xenitivo | Octantis |
Simboloxía | O Octante |
Ascensión recta | 22 h |
Declinación | −90° |
Área | 291 graos cadrados
Rango 50 |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | ν Octantis
(magnitude ap. 3,73) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +0° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Outubro | |
Circumpolar. |
A súa estrela Sigma Octantis (σ Oct) é a estrela máis próxima ó polo que pode ser vista a simple vista, pero é tan feble, que é practicamente inútil coma estrela polar para efectos da navegación. Afortunadamente, a constelación Crux, A Cruz do Sur, sinala o polo.
A constelación é circumpolar ó Polo Sur Celeste, así que pode ser vista nos ceos do Hemisferio Sur durante as noites de calquera mes do ano. A ascensión recta e mes de maior visibilidade dadas son para as tres estrelas máis brillantes, as cales son as máis altas no ceo durante as noites de novembro.