Obelisco de Axum
estela de granito de 24 metros de altura erixida en Axum, Etiopía / From Wikipedia, the free encyclopedia
O obelisco de Axum (en amhárico: የአክሱም ሐውልት) é unha estela obelisco de granito do século IV e 24 metros de altura que se atopa na cidade de Axum, en Etiopía. Cun peso de 160 toneladas, está ornamentado con dúas portas falsas na base e conta con decoracións que semellan fiestras en tódolos seus lados. O obelisco remata nunha parte superior semicircular, que estaba encerrada por molduras metálicas.
Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |