O señor Bean
serie de televisión británica / From Wikipedia, the free encyclopedia
O señor Bean (título orixinal en inglés: Mr. Bean) é unha serie de televisión británica creada por Rowan Atkinson e Richard Curtis, producida por Tiger Aspect e protagonizada polo propio Atkinson. A serie componse de 15 episodios que foron escritos por Atkinson xunto con Curtis e Robin Driscoll; o episodio piloto foi escrito xunto con Ben Elton. A serie emitiuse orixinalmente a través de ITV, dende o 1 de xaneiro de 1990[1] até o 15 de decembro de 1995.
Formato | Comedia |
---|---|
Creado por | Rowan Atkinson Richard Curtis |
Desenvolvido por | Tiger Aspect Productions[lower-alpha 1] |
Dirixido por | John Howard Davies (episodios 1–3, 15) John Birkin (episodios 4–7, 10–14) Paul Weiland (episodios 8–9) |
Intérpretes | Rowan Atkinson |
Tema de apertura | Howard Goodall |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 15 |
Produtor(es) executivo(s) | Peter Bennett-Jones |
Duración | 24–26 minutos |
Canle de orixe | ITV:
|
Formato de imaxe | PAL |
Primeiro episodio | 1 de xaneiro de 1990[1] |
Derradeiro episodio | 15 de decembro de 1995 |
Na rede | |
https://www.mrbean.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Baseada nun personaxe desenvolvido orixinalmente por Atkinson mentres estudaba para o seu máster na Universidade de Oxford, a serie céntrase no señor Bean, descrito por Atkinson como "un neno no corpo dun home adulto", xa que el resolve diversos problemas que presentan as tarefas cotiás e con frecuencia provoca desordes no proceso.[2] A serie estivo influenciada por actores de comedia física como Jacques Tati e os dos primeiros filmes mudos.[2]