obra de William Shakespeare From Wikipedia, the free encyclopedia
O mercador de Venecia (en inglés: The Merchant of Venice) é unha obra de teatro do século XVI escrita por William Shakespeare. Conta a historia dun mercador veneciano (Antonio) que debe incumprir un préstamo concedido polo xudeu Shylock. Pénsase que puido ser escrito entre 1596 e 1599. Malia que inicialmente foi clasificada como unha comedia no First Folio e comparte certos trazos coas outras comedias románticas de Shakespeare, a obra é lembrada polas súas escenas dramáticas, e é recoñecida por Shylock e o seu famoso discurso "Hath not a Jew eyes?" sobre a humanidade. Tamén salienta o discurso de Portia sobre "the quality of mercy". O crítico Harold Bloom considerou a obra unha das grandes comedias de Shakespeare.[1]
O mercador de Venecia | |
---|---|
Primeira páxina da publicación de 1600. | |
Título orixinal | The Merchant of Venice |
Autor/a | William Shakespeare |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | Inglés |
Colección | Clásicos en galego: 4 |
Tema(s) | Comedia pastoral |
Xénero(s) | Teatro |
Editorial | Consellería da Presidencia e Administración Pública |
Data de pub. | 1989 |
Páxinas | 401 páxinas |
ISBN | 84-453-0075-X |
Tradución | Miguel Pérez Romero |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública no ano 1989.[2] En 2024, Edicións Laiovento publicou unha versión revisada do mesmo autor.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.