filme de 1993 dirixido por Andrew Davis From Wikipedia, the free encyclopedia
O fuxitivo (en inglés: The Fugitive) é un filme estadounidense de acción dirixido por Andrew Davis que se estreou en 1993. Baséase na serie de televisión The Fugitive creada por Roy Huggins.
O fuxitivo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Fugitive |
Director | Andrew Davis |
Produtor | Anne Kopelson Arnold Kopelson |
Guión | Jeb Stuart David Twohy |
Baseado en | The Fugitive creado por Roy Huggins |
Intérpretes | Harrison Ford Tommy Lee Jones |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Michael Chapman |
Montaxe | Dennis Virkler David Finfer Dean Goodhill Don Brochu Richard Nord Dov Hoenig |
Estudio | Warner Bros. |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 6 de agosto de 1993 27 de novembro de 2011 (TVG) |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $44 000 000[1] |
Recadación | $368 875 760 |
Na rede | |
http://www.warnerbros.com/movies/home-entertainment/the-fugitive/4bab88e9-e878-4c69-ad37-a306c8d53398.html | |
Estreouse en galego na TVG o 27 de novembro de 2011.[2]
A vida do doutor Richard Kimble, un reputado cirurxián que ten unha fermosa esposa e unha luxosa casa nun elegante barrio de Chicago, desfaise o día en que a súa muller é asasinada por un misterioso manco. Kimble é acusado do crime e é condenado a morte. Mentres é trasladado ó cárcere, o autobús onde viaxa sofre un accidente que facilita a fuga de varios presos, entre eles o propio Kimble. O detective Samuel Gerard consegue atrapar a tódolos prófugos agás ó escorregadizo Kimble. Unha vez en liberdade, Kimble sabe moi ben que se quere probar a súa inocencia terá que atopar ó misterioso manco, á vez que deberá eludir a implacable persecución do detective Gerard.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.