O detective Conan
serie de debuxos animados / From Wikipedia, the free encyclopedia
O detective Conan (名探偵 コナン, Meitantei Conan?) é unha serie de Gosho Aoyama que aínda non está rematada nin en manga nin en anime e que alcanzou un éxito notable dentro e fóra do Xapón.
O detective Conan | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
名探偵コナン (Meitantei Conan) | |||
Xénero | Misterio, ficción detectivesca, aventuras, drama, comedia, romance | ||
Manga O detective Conan | |||
Creado por | Gosho Aoyama | ||
Editor | Shonen Sunday | ||
Publicado en | ![]() | ||
Primeira edición | 1994 | ||
Última edición | actualidade | ||
Núm. de volumes | 105 (lista de volumes) | ||
Anime O detective Conan | |||
Dirixido por | Kenji Kodama, Yasuichiro Yamamoto | ||
Estudio | TMS Entertainment | ||
Canle televisiva | ![]() | ||
| |||
Primeira emisión | ![]() ![]() | ||
Última emisión | ![]() ![]() | ||
Núm. de capítulos | 350[2]; +1000[3] | ||
![]() |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O anime está producido por TMS Entertainment e supera xa os 830 episodios. Ademais, conta con 20 películas e aínda se emite tódalas semanas no Xapón en Yomiuri TV.
No Xapón, o manga aínda se publica semanalmente todos os mércores no Shonen Sunday, dende 1994 e supera xa a cantidade de 925 capítulos. Ata o de agora saíron 90 tomos. Planeta DeAgostini encárgase da súa publicación en España, mais faino unicamente na lingua castelá (e catalán soamente en Cataluña). Actualmente encóntrase dividido en dúas coleccións, Volume 1 e Volume 2 de 13 e 81 tomos respectivamente. A colección Volume 2 estase a publicar e sufriu xa diversas ampliacións tras o número inicial. Dado o éxito a colección Volume 1 reeditouse novamente tempo despois.
O 2 de outubro de 2006 foi lanzada a primeira saga de O detective Conan con actores reais, titulada O detective Conan Drama. O segundo drama foi estreado o 7 de decembro de 2007. Contou cunha terceira e unha cuarta parte, así como tamén dunha serie de 13 episodios situada antes do argumento da serie orixinal.
En Galicia, o anime lanzouse ao ar o 10 de abril do 2006 na Televisión de Galicia, dentro do contedor xuvenil Xabarín Club chegando a se emitiren 300 episodios tras varias reposicións. O 2 de febreiro do 2009 a serie pasou a se reemitir dende o principio na nova canle galega G2, na grella de luns a venres, ao mediodía e no serán. Por outra banda, no Nadal do ano 2007-2008, saíron á venda dous DVDs da serie con varios capítulos da mesma. Durante os anos 2012 e 2013 emitíronse as oito primeiras películas da serie en galego.