![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Che_por_Jim_Fitzpatrick.svg/langgl-640px-Che_por_Jim_Fitzpatrick.svg.png&w=640&q=50)
O Che Guevara na sociedade
movemento cultural / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ernesto "Che" Guevara é unha personalidade política que, após a súa morte, se ten convertido nunha das figuras máis difundidas da era contemporánea. As imaxes da súa figura aparecen en moitos soportes, tales como bandeiras, camisolas, carteis, autocolantes... sendo excepcionalmente reproducida a fotografía de Alberto Korda, en distintas versións. É así a comercialización dun símbolo do anti-capitalismo, perdendo en moitas ocasións a súa connotación ideolóxica e política.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Che_por_Jim_Fitzpatrick.svg/320px-Che_por_Jim_Fitzpatrick.svg.png)
Ademais a súa influencia maniféstase na cultura, sendo realizadas cancións, filmes, libros etc. relativos á súa persoa constituíndo na actualidade unha icona popular moi espallada na sociedade, sobre todo pola súa condición de revolucionario e aventureiro. A súa influencia como símbolo de rebelión e revolución foi especialmente significativa no Maio do 68 francés[1], chegando Jean-Paul Sartre a dicir que o Che era o ser humano máis completo da nosa época.
A condición do Che como icona popular continuou a través do mundo e as épocas, falándose habitualmente dun "culto do Che" global, especialmente realizado en Latinoamérica. Así, por exemplo, os escolares cubanos comezan cada día de clase coa promesa: "Seremos como el Che".