lugar da parroquia de Carballedo, no concello de Carballedo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Castro de Morgade é un lugar da parroquia de Santa María de Carballedo, no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 8 habitantes, 4 mulleres e 4 homes.
O Castro de Morgade | |
---|---|
Parroquia | Carballedo |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°30′19″N 7°51′18″O |
Poboación | (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo deriva do latín castrum, fortaleza + un nome relativo ao antropónimo maurecatus[1].
O castro dá nome ao lugar e nel durante as labras agrícolas levantáronse pedras de muíños e algunha outra pedra labrada parecida a unha cola de cabalo cunha inscrición. Presenta na parte N-NO monte baixo moi mesto e pódese apreciar, aínda que con dificultades un foso de 1m de fondo por 1,5 de ancho, aproximadamente. Existen lendas sobre mouros e unha delas fai referencia á existencia neste lugar dun gran tesouro, gardado por un xigante.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.