![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/Igrexa_parroquial_de_Santa_Mar%25C3%25ADa_de_Baredo%252C_Baiona.jpg/640px-Igrexa_parroquial_de_Santa_Mar%25C3%25ADa_de_Baredo%252C_Baiona.jpg&w=640&q=50)
O Cancelo, Baredo, Baiona
lugar da parroquia de Baredo, no concello de Baiona / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cancelo é un lugar da parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona, na comarca de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2015 tiña 104 habitantes (49 homes e 55 mulleres).
Datos rápidos Parroquia, Concello ...
O Cancelo | |
---|---|
![]() ![]() | |
Parroquia | Baredo |
Concello | Baiona |
Coordenadas | 42°06′24″N 8°52′24″O |
Poboación | 104 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Nel atópase a igrexa parroquial, o cemiterio e o centro cultural de Baredo. Polo que constitúe a cabeceira parroquial.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3b/Baredo%2C_Baiona.jpg/640px-Baredo%2C_Baiona.jpg)
É un pequeno asentamento rural orixinado polo cruzamento de antigos camiños, polo que está sinalizado cun cruceiro de pedra. As vivendas manteñen tipoloxías tradicionais, pero están alteradas por reformas e engadidos. A contorna conforma un lugar chan, con parcelas fechadas con muros de cachotería de granito.[2]