From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Baloncesto OAR Ferrol, onde OAR son as siglas de Obra Atlética Recreativa, foi un club de baloncesto galego con sede na cidade de Ferrol. Fundado en 1951 e desaparecido en 1996, o club competiu durante trece temporadas na máxima categoría do baloncesto español. Xogou os seus partidos como local en dúas localizacións diferentes, o Pavillón Municipal Punta Arnela e o Pavillón Polideportivo A Malata.
OAR Ferrol | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1951 |
Desaparición | 1996 |
Cores | Verde,branco |
Localización | |
Cidade | Ferrol, Galiza |
Pavillón | Polideportivo A Malata |
Capacidade | 5 000 |
Campionatos | |
Copa Galicia | 5 (1988, 1989, 1990, 1991, 1993) |
O Obra Atlética Recreativa Ferrol foi fundado en 1951, sendo o seu primeiro presidente Jaime López Perez. Nun principio o club contaba unicamente cun equipo xuvenil, o cal que se proclama campión da liga local desde o ano 1954 até o 1957. Na tempotada 1957−58, baixo a presidencia de Antonio Bouza Evia e aproveitando os cimentos deixados polo equipo xuvenil, o club forma un equipo sénior capaz de competir en igualdade con outros equipos xa consolidados. Na primeira temporada o OAR conquista a Segunda División Provincial, se ben a desaparición de dita división fai que non acade o ascenso de categoría. Isto provocaría a desaparición do equipo sénior, o cal non reaparecerá até a temporada 1963−64 baixo a presidencia de Juan Fernández García. Juan Fernández posteriormente dirixiría o club os seguintes 30 anos.
Na temporada 1975−76 o equipo militaba na 3ª División Nacional. A idea de afrontar tarefas máis importantes concretouse na cabeza de Juan Fernández. Cun americano prestado, demostrouse nalgún partido amigable que este era o que marcaba a diferenza. Na seguinte tempada, a 1976-77, fichouse a José Antonio Figueroa, un adestrador profesional, que nuns anos conduciu e mantivo ao equipo en Primeira División. Con Juan Fernández ao mando o club obtén os seus maiores éxitos deportivos, marcados por sucesivos ascensos de categoría que levan ao club a militar durante trece anos na máxima categoría do baloncesto español, chamada primeiro División de Honra, e despois coñecida pola súa denominación Liga ACB.
Nos trece anos na elite do club ferrolán, o equipo consegue tres clasificacións a competicións europeas, concretamente a Copa Korać, aínda que nunca sendo capaces de pasar da fase de grupos. Na temporada 1993−94 o club perde a categoría a pesar de finalizar no posto 15. Isto foi debido a económicos, motivados en boa medida pola súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva. Tras o descenso de categoría o OAR acabar por certificar en 1996 a súa desaparición. Durante a longa vida deportiva do Club Baloncesto OAR Ferrol, foron moitos os xogadores e adestradores que defenderon as cores do equipo.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1951–78 | Categorías inferiores | |||||||||||
1978–79 | 2 | 1ª División B | 9º | 8–2–12 | ||||||||
1979–80 | 2 | 1ª División B | 2º | 24–6 | ||||||||
1980–81 | 1 | 1ª División | 9º | 10–1–15 | Cuartos de final | |||||||
1981–82 | 1 | 1ª División | 8º | 12–14 | 3 Copa Korać | SR | 3–1 | |||||
1982–83 | 1 | 1ª División | 11º | 7–2–17 | Cuartos de final | 3 Copa Korać | PR | 0–1–1 | ||||
1983–84 | 1 | ACB | 7º | 12–20 | ||||||||
1984–85 | 1 | ACB | 11º | 14–15 | Copa Príncipe | CR | 3 Copa Korać | GS | 4–6 | |||
1985–86 | 1 | ACB | 12º | 12–18 | Copa Príncipe | SF | ||||||
1986–87 | 1 | ACB | 16º | 5–26 | Copa Príncipe | OF | ||||||
1987–88 | 2 | 1ª División B | 1º | 37–9 | ||||||||
1988–89 | 1 | ACB | 9º | 26–13 | Primeira rolda | Copa Príncipe | SF | |||||
1989–90 | 1 | ACB | 19º | 11–30 | Primeira rolda | |||||||
1990–91 | 1 | ACB | 21º | 16–27 | Segunda rolda | |||||||
1991–92 | 1 | ACB | 10º | 17–19 | Primeira rolda | |||||||
1992–93 | 1 | ACB | 15º | 13–21 | Segunda rolda | |||||||
1993–94 | 1 | ACB | 15º | 11–19 | Cuartos de final | |||||||
1994–95 | 3 | 2ª División | 7º | |||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.