observatorio espacial en raios X From Wikipedia, the free encyclopedia
NuSTAR, acrónimo de Nuclear Spectroscopic Telescope Array, e tamén coñecido como SMEX 11 e Explorer 93, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 13 de xuño de 2012 mediante un foguete Pegasus XL desde o atol Kwajalein, nas illas Marshall.[1][2][4][5]
NuSTAR / SMEX 11 / Explorer 93 | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 13 de xuño de 2012[1][2][3] |
Foguete portador | Pegasus XL[2][4] |
Sitio de lanzamento | Atol Kwajalein[2][4][5] |
Obxectivo da misión | Observación do ceo en raios X.[2][4][5] |
NSSDC ID | 2012-031A |
Masa | 360 kg[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6968 km[1] |
Inclinación | 6,0°[1] |
Apoapse | 604,2 km[1] |
Periapse | 590,1 km[1] |
NuSTAR forma parte do programa SMEX de satélites pequenos e de baixo custo e está adicado a observar o ceo en raios X, no rango de enerxías entre 8 e 80 keV. O seu obxectivo principal son os quásares, os buratos negros binarios galácticos e os remanentes de supernovas, estudando os espectros orixinados polas transicións nucleares que se dan no rango de enerxías no que observa.[1][2][4][5]
O observatorio usa o bus LEOStar-2 e está formado por dous telescopios de raios X duros separados do corpo principal do observatorio por un mastro de 10 m de lonxitude e que focalizan os fotóns nun detector de estado sólido.[1][2][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.