![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e1/First_Sculpture_of_Our_Lady_of_Fatima.jpg/640px-First_Sculpture_of_Our_Lady_of_Fatima.jpg&w=640&q=50)
Nosa Señora de Fátima
advocación mariana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nosa Señora do Rosario de Fátima, coñecida normalmente como Virxe de Fátima, é unha advocación coa que se venera no catolicismo á Virxe María. Na mesma liña que outras aparicións marianas, tivo a súa orixe nos testemuños de tres pastores, chamados Lúcía dos Santos, Jacinta e Francisco Marto, quen afirmaron presenciar varias aparicións marianas en Fátima, en Portugal, entre o 13 de maio e o 13 de outubro de 1917. A partir de entón, esta advocación mariana estendeu a súa fama máis aló dos seus límites locais.
Nosa Señora de Fátima | |
---|---|
![]() Imaxe da Nosa Señora de Fátima nun pedestal da Capela das Aparicións que marca o sitio exacto onde estaba a aciñeira sobre a que os tres pastores dixeron ter visto á Virxe María. | |
Advocación da Virxe María | |
Historia | |
Veneración | |
Venerada en | Igrexa católica |
Festividade | 13 de maio |
Santuario principal | Santuario de Fátima, Portugal ![]() |
Atributos | Santo Rosario |
Patroa de | Devotos do Inmaculado Corazón de María |
Atribuíronse ás supostas mensaxes da aparición compoñentes proféticos e escatolóxicos, en particular respecto dunha posíbel nova guerra mundial —os seus seguidores interpretaron que o inicio da segunda guerra mundial foi a súa confirmación—, á conversión da Rusia soviética, e ao intento de asasinato de Xoán Paulo II.[1][2]
O seu principal lugar de culto é o santuario de Fátima, situado na cidade do mesmo nome no municipio de Ourém. Considerado un dos centros de peregrinación cristiá máis importantes do mundo, o santuario de Fátima edificado no lugar recibiu 7,3 millóns de peregrinos no ano 2011.