From Wikipedia, the free encyclopedia
Noreña é un concello e unha parroquia de Asturias, cunha superficie de apenas 6 km² (o de menor extensión no Principado) e unha poboación de 4.600 habitantes (2004), soportando unha elevadísima densidade de máis de 767 hab./km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Noreña | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.058 (2023) (956,14 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 2.251 (2011) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5,29 km² | ||||
Altitude | 207 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Noreña (en) | César Movilla Anta | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33042 | ||||
Páxina web | aytonorena.es |
Noreña é así mesmo unha entidade de poboación, ao tempo capital do concello, na que vive máis do 90 % da poboación do municipio.
Noreña é un enclave no concello de Siero. Linda en todas as direccións con parroquias de Siero: ao norte coa de Anes; polo sur coa de Hevia; polo leste con La Carrera e polo oeste coa de Argüelles.
A súa situación é moi próxima aos núcleos maiores do Principado.
Ten tres parroquias: Celles, Noreña e Santamarina.
Desde finais do século XIV, Noreña foi unha xurisdición dos bispos de Oviedo, que ostentaban o título de condes de Noreña. Esta situación mudou coa chegada do liberalismo, converténdose nun concello independente a partir de 1835.
Noreña desfruta da renda per cápita máis alta de Asturias. A economía noreñense apóiase nunha importante industria de embutidos e no sector servizos. Noreña véndese como capital gastronómica do Principado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.