From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese como noite dos coitelos longos ou noite das facas longas (en alemán Nacht der langen Messer) á do 30 de xuño ao 1 de xullo de 1934 durante a que, por orde de Hitler, foron asasinados ou arrestados os principais dirixentes das Sturmabteilung (SA).[1]
Tras a chegada de Adolf Hitler á chancelería do Reich (30 de xaneiro de 1933), o Partido Nacionalsocialista iniciou un proceso para apoderarse de todas as estruturas do Estado alemán. Neste proceso correspondeu un papel importante ás SA ou seccións de asalto do partido nazi. As SA constituían un corpo paramilitar creado en 1921 con membros de distintos Freikorps que actuaba como o brazo armado do partido. O líder das SA era Ernst Röhm, antigo oficial do exército imperial e superior de Hitler durante a primeira guerra mundial.[2]
Durante a Noite dos Coitelos Longos, Hitler, coa axuda de Himmler e das SS, purgou as SA para evitar un posible golpe de Estado. Röhm e outros líderes das SA foron arrestados e executados, alegando que estaban planeando unha traizón.[3]
Este evento foi clave na consolidación do poder de Hitler, xa que eliminou potenciais opositores e reforzou a súa influencia sobre o exército alemán. Tamén marcou un precedente para a violencia política e a represión que caracterizaría o réxime nazi.[4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.