Nitrospiras
From Wikipedia, the free encyclopedia
As nitrospiras ou Nitrospirae (ás veces Nitrospira, como a clase) é un filo de bacterias, que contén só unha clase (Nitrospira), cun só orde (Nitrospirales) e unha soa familia (Nitrospiraceae). Inclúe varios xéneros, o máis importante Nitrospira. O primeiro membro do filo, descuberto en 1985, foi Nitrospira marina.[1] O segundo membro foi Thermodesulfovibrio yellowstonii, descuberto en 1994.[2] O terceiro membro foi Nitrospira moscoviensis, descuberto en 1995 nun tubo oxidado en Moscova.[3][4]
- Para o xénero ver Nitrospira (xénero).
Nitrospiras | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
|
O xénero Nitrospira ten un metabolismo autótrofo nitrificante, e oxida nitritos a nitratos, pero carece das membranas internas típicas doutras bacterias nitrificantes. O xénero Leptospirilum é un quimiolitótrofo que oxida ferro e abunda nas minas de ferro e carbón. O xénero Thermodesulfovibrio é termófilo, vive en fontes termais e reduce sulfato.[5]