Piloto e comandante militar soviético From Wikipedia, the free encyclopedia
Nikolai Petrovich Kamanin (en ruso: Никола́й Петро́вич Кама́нин), nado o 18 de outubro de 1908 e finado o 11 de marzo de 1982, foi un piloto soviético e comandante militar que se converteu no primeiro director do corpo de cosmonautas.[1]
Kamanin naceu nunha familia traballadora en Melenki, oblast de Vladimir. En 1927 entrou no Exército Vermello e despois de formarse como piloto pasou o resto da súa vida como membro da Forza Aérea da Unión Soviética. En 1934 foi premiado co título de Heroe da Unión Soviética por dirixir o rescate da tripulación do SS Chelyuskin, un buque de exploración ártica. O propio Kamanin fixo persoalmente nove dos voos e aterraxes de rescate en anacos de xeo á deriva.[1]
Despois da segunda guerra mundial foi asignado como alto cargo das Forzas de Reserva Civís, unha organización voluntaria de apoio aos exércitos soviéticos. De 1960 a 1971 estivo a cargo do corpo de cosmonautas soviéticos, tendo que inventar métodos de selección e adestramento para os candidatos a ser as primeiras persoas no espazo. Despois da morte da tripulación da misión Soiuz 11 Kamanin foi deposto e retirado do servizo en 1972. Faleceu en 1982, sendo enterrado no cemiterio de Novedichiy en Moscova. Os seus diarios están entre a documentación máis importante para entender os comezos do programa espacial soviético.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.