equipo profesional estadounidense de fútbol americano From Wikipedia, the free encyclopedia
Os New Orleans Saints son equipo profesional de fútbol americano con sede en Nova Orleáns, Luisiana. Os Saints compiten na National Football League (NFL) como club membro da División Sur da National Football Conference (NFC). O equipo foi fundado o 1 de novembro de 1966 por John W. Mecom Jr., David Dixon e a propia cidade de Nova Orleáns. O nome do equipo provén da festividade de Todos os Santos, debido ao gran número de católicos que viven na cidade, é ao himno "When the Saints Go Marching In", moi asociado a Nova Orleáns.[1] As cores do equipo son o dourado é o negro, mentresa que o seu escudo é unha flor de lis de trazos sixelos. A franqía comezou xogando os seus partidos como local no Tulane Stadium, onde permaneceron até 1975, ano no que se trasladaron ao Louisiana Superdome (actualmente coñecido como Mercedes-Benz Superdome, debido ao patrocinio da compañía alemá).[2][3]
New Orleans Saints | |||||
---|---|---|---|---|---|
Fundado en 1966 Sede en Nova Orleáns, LA | |||||
| |||||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||||
National Football League (1967–presente) | |||||
Uniforme actual | |||||
Cores | Ouro, negro, branco | ||||
Mascota | Gumbo, Sir Saint | ||||
Cadro de persoal | |||||
Propietario(s) | Tom Benson | ||||
Presidente | Dennis Lauscha | ||||
Director xeral | Mickey Loomis | ||||
Adestrador | Sean Payton | ||||
Historia | |||||
| |||||
Alcume(s) | |||||
| |||||
Campionatos | |||||
Títulos de Liga (1)
| |||||
Conferencia (1)
| |||||
División (7)
| |||||
Estadios | |||||
|
Durante os seus primeiros vinte anos, os Saints non foron un equipo moi competivo, conseguindo un balance de máis vitorias que derrotas tan só nas temporadas 1987, onde remataron 12−3 clasificándose por vez primeira aos playoffs, e en 1998, onde conseguiron acabar cun rexistro de 10–6. Por outra banda, a primeira en playoffs non chegaría até o ano 2000, cando conseguiron vencer aos St. Louis Rams por 31–28. En 2005, o furacán Katrina devastou a cidade, converténdose o Superdome en refuxio temporal para os afectados. De feito, o propio estadio sufriu cuantiosos danos. Esta situación levou a que o equipo tivese que xogar os seus partidos noutras cidades como San Antonio ou Baton Rouge. Finalmente, o Superdome foi arranxado para a temporada seguinte por valor duns 185 millóns de dólares. O primeiro partido dos Saints de volta na súa cidade levou consigo unha gran carga emocional, conseguindo gañar aos seus rivais de división, os Atlanta Falcons, por 23–3, e conseguindo clasificarse por segunda vez na súa historia aos playoffs. O seguinte fito histórico da franquía foi na temporada 2009, cando o equipo consegue gañar da man de Drew Brees a súa primeira Super Bowl tras vencer aos Indianapolis Colts por 31–17.
Quarterbacks
Running backs
Wide receivers
Tight ends
|
Liña ofensiva
Liña defensiva
|
Linebackers
Defensive backs
Equipos especiais
|
Reservas
Equipo de adestramento
Rookies en cursiva | ||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.