![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/Graindebeaute.jpg/640px-Graindebeaute.jpg&w=640&q=50)
Nevo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nevo[1] (plural nevos, do latín nævus, plural nevi) é o termo médico que describe unha lesión na pel popularmente coñecida como mancha, pinta ou sinal.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/Graindebeaute.jpg/640px-Graindebeaute.jpg)
En latín, o termo nævus significa marca de nacenza. No entanto, en Dermatoloxía, o termo nevo é usado tanto para manchas conxénitas (observadas no momento do nacemento) canto para manchas adquiridas (observadas após o nacemento).
Os nevos son sempre benignos. Non obstante, cerca de 1/3 dos melanomas (un tipo de cancro de pel) son orixinarios dun nevo preexistente.[2]