![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/21/Cms-newyorkzoologicalsociety1910.jpg/640px-Cms-newyorkzoologicalsociety1910.jpg&w=640&q=50)
Neomonachus tropicalis
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Neomonachus tropicalis, antigamente Monachus tropicalis, é unha especie extinta da superfamilia dos pinnípedes que era nativa do mar Caribe. Os principais predadores das Neomonachus tropicalis eran os tiburóns e os humanos.[2] A caza das focas polo seu aceite e a sobrepesca das súas fontes de alimento foron as principais razóns da súa extinción.[2] O derradeiro avistamento confirmado da especie foi en 1952 en Serranilla Bank, entre Xamaica e Nicaragua.[3] No ano 2008, a especie foi declarada oficialmente extinta despois dunha exhaustiva busca que durou máis de cincuenta anos. Esta análise foi dirixida pola Administración Nacional Oceánica e Atmosférica e polo Servizo Nacional de Pesca Mariña.[4] A especie estaba estreitamente relacionada coa foca monxe hawaiana, que vive no arquipélago de Hawai e está ameazada, e coa foca monxe mediterránea, outra especie ameazada.[5][6]
Neomonachus tropicalis | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Espécime do acuario de Nova York, ca. 1910 | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Extinto dende 1952[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Neomonachus tropicalis' (Gray, 1850) | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Monachus tropicalis (Gray, 1850)[1] |