Naturgy
From Wikipedia, the free encyclopedia
Naturgy (anteriormente, Gas Natural Fenosa), cuxo nome legal é Naturgy Energy Group, S. A. (NEGSA), é unha empresa española que opera nos sectores eléctrico e gasístico. A súa sede operativa está en Barcelona, mentres que o seu domicilio social sitúase en Madrid.[1] O seu actual presidente executivo é Francisco Reynés.
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Naturgy | |
---|---|
Tipo | negocio, empresa e empresa de capital aberto |
Data de fundación | 1991 |
Presidente/a | Francisco Reynés (en) (2018-) |
Director/a | Francisco Reynés |
Nº de empregados | 6.690 |
Organización subsidiaria | Nedgia |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.naturgy.com/ e https://www.naturgy.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Naturgy é unha das tres grandes compañías do sector eléctrico en España, que xunto a Endesa e Iberdrola, dominan en torno ao 90 % do mercado eléctrico nacional.[2] Naturgy desenvolve actividades de aprovisionamento, xeración, distribución e comercialización de electricidade e gas natural.
En 2021 estivo entre as 10 empresas que emitiron máis toneladas equivalentes de CO2 en España con 4,9 Mt.[3]