National Portrait Gallery
museo de Londres From Wikipedia, the free encyclopedia
museo de Londres From Wikipedia, the free encyclopedia
A National Portrait Gallery (en galego: Galería Nacional de Retratos) é un dos museos máis famosos de Londres. Non debe confundirse coa National Portrait Gallery de Washington, Estados Unidos.
National Portrait Gallery | |
---|---|
Fachada do museo | |
País | Reino Unido |
Cidade | Londres |
Tipo | Público |
Director | Sandy Nairne |
Inauguración | 1856 1896 novo edificio |
Visitantes | 2 096 858 (2013)[1][2] (22.º máis visitado do mundo[1] e 11.º do Reino Unido[2]) |
Na rede | |
http://www.npg.org.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A súa colección está formada por retratos de personaxes destacados da historia; o edificio está construído xusto detrás da National Gallery.
Foi fundada en 1856 co espírito vitoriano do idealismo e a educación a través do exemplo; o obxectivo da colección era reunir retratos dos grandes e poderosos de Gran Bretaña para que inspirasen a outros. A colección inclúe fotografías e pinturas, ademais de caricaturas, debuxos e esculturas. A National Portrait Gallery alberga, entre outros retratos famosos, o Retrato Chandos, posiblemente a imaxe máis coñecida de William Shakespeare.
Non todos os retratos son excepcionais artisticamente, como si o son os de Anton van Dyck ou os autorretratos de William Hogarth, Sir Joshua Reynolds e outros artistas británicos importantes. Outros, como un retrato de grupo dos participantes na conferencia de Somerset House de 1604, son importantes ao ser un documento histórico. Así, a miúdo, o valor dun traballo como curiosidade ou documento é maior que o seu valor artístico, como no caso do retrato anafórmico de Eduardo VI de William Scrots, ou unha escultura da Raíña Vitoria e o Príncipe Alberte con roupa medieval.
Nun principio, para que o retrato se incluíse na colección, o personaxe debía morrer. Na actualidade esta norma non se cumpre, e pódense ver retratos do xogador de fútbol Bobby Charlton, do príncipe Carlos de Inglaterra ou a súa nai a raíña Isabel II.
A Galería mudouse ao seu edificio actual, ao norte de Trafalgar Square, en 1896. O edificio foi deseñado por Ewan Christian nun estilo neo-renacentista, e construído por Shilliote & Son; foi ampliado en dúas ocasións. A primeira ampliación foi inaugurada por Lord Duveen en 1933, e trátase dunha á que percorre Orange Street; a segunda ampliación abriu en 2000 e foi realizada por Christopher Ondaatje. A á Ondaatje ocupa un espazo situado entre os edificios do século XIX da National Gallery e o edificio da National Portrait Gallery, e é notable pola súa escaleira mecánica de dous pisos que leva aos visitantes á parte máis antiga da colección, os retratos dos Tudor.
En xaneiro de 2008, a Galería recibiu a maior doazón da súa historia, 5 000 000 de libras, feita polo millonario estadounidense Randy Lerner.
Actualmente a colección da National Portrait Gallery está composta por uns 10 000 obxectos, entre cadros, esculturas, caricaturas e debuxos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.