Narodnik
From Wikipedia, the free encyclopedia
Narodniks foi o nome dado aos revolucionarios rusos das décadas de 1860 e 1870. Eran membros das elites cultivadas da Rusia, alfabetizadas e procedentes das cidades que idealizaban o regreso á vida no campo, inspirados no Romanticismo e nas ideas de Rousseau. O seu movemento é coñecido como Narodnichestvo (ou Narodismo). O termo deriva da expresión rusa "Khozhdenie v narod" (Хождение в народ), "Ir co pobo". Os narodniks xurdiron en resposta aos conflitos entre os campesiños e os kulaks. Kulaks era un termo despectivo para designar os campesiños ricos donos de grandes extensións de terras. Os narodniks apoiaban o campesiñado crendo firmemente que estes eran a clase revolucionaria, a única con poder real para derrocar á monarquía. Porén, os Narodniks tamén pensaban que o campesiñado precisaba dunha organización para guialos, crían no heroe romántico que levaría o pobo ao triunfo da revolución.
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este movemento terminou fracasando. Os Narodniks serían confrontados cunha realidade rural moi diferente á que eles pensaban. Os Narodniks non eran moi ben recibidos polos campesiños debido á súa procedencia de clase media-alta. De feito moitos deles tiveron que aprender ruso xa que eran criados coa lingua francesa, lingua das clases altas rusas, ou con alemán, tamén tiñan que aprender os costumes e vestir coma eles.
Despois do fracaso do movemento Narodnik, parte destes intelectuais iniciarían outro chamado Terra e liberdade (Semlja i Wolja) en 1876. A alfabetización de Rusia, ironicamente, foi unha axuda para a causa dos revolucionarios. Neste contexto foi publicado no 1872, en Rusia, O Capital, (Das Kapital) de Karl Marx.