![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Yellow_Daffodil.jpg/640px-Yellow_Daffodil.jpg&w=640&q=50)
Amarelle (planta)
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os amarelles[2] ou narcisos[3] son plantas bulbosas anuais pertencentes ao xénero Narcissus, da familia das amarilidáceas, da que existen distintas especies, con follas radicais estreitas e flores moi aromáticas, brancas ou amarelas con forma de tubo.
Amarelles (xénero Narcissus) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Son orixinarios da conca mediterránea e Europa. En Galiza atopamos varias especies; Narcissus cyclamineus é endémica de Galiza. A meirande parte das especies teñen floración primaveral, aínda que as hai que florean polo outono. Amarelle é o nome común galego xunto a narciso para o xénero[4]. A maioría das súas especies son nativas da rexión mediterránea, porén unhas cantas especies se atopan ao longo de Asia Central e a China. A cantidade de formas cultivadas aumentaron grandemente, con novas variacións nos viveiros de cultivo practicamente cada ano.